Montes acoutados

Os coutos micolóxicos son unha figura para a xestión forestal incluída en Galicia no ano 2014. Para asegurar un aproveitamento sustentable dos cogomelos axudamos aos propietarios forestais na xestión, difusión e dinamización desta figura de aproveitamento forestal. Accede aos diferentes coutos incluídos neste proxecto para mercar os permisos e informarte das actividades que teñen integradas.