Nome do couto | Souto do Pereiral |
---|---|
Titulares | Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo |
Extensión do couto | 5.90 ha e 9,40 ha en Coto do Facho |
Permiso apaña recreativo | Diario: 5 € Anual: 35 € |
Cupo permiso recreativo | 2 kg/día |
Especies que se poden apañar | Boletus edulis, Boletus reticulatus, Lactarius deliciosus, Cantharellus cibarius |
Actividades complementarias con todos os permisos | Boas prácticas do apañador de cogomelos (pdf) |
Actividades complementarias co permiso anual | Saídas de campo (desconto 10%), eventos e consulta micolóxica |
Os permisos de apaña emitidos pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo son validos todas as súas áreas acoutadas: o couto Souto do Pereiral no monte Coto do facho e o couto Souto de San Brais no monte Sabugueiro.
Permiso diario recreativo
(5 €)
O permiso recreativo diario ten un prezo de 5 € e só é vixente na data que se indique como data de validez. Cubre a data de validez do formulario antes de realizar o pagamento. A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por tranferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es. Dentro das actividades asociadas ao permiso recreativo diario inclúese: Boas prácticas do apañador de cogomelos (pdf).
Permiso anual recreativo
(35 €)
O permiso recreativo anual ten un prezo de 35 € e só é vixente na data que se indique como data de validez (1 ano dende a data de emisión). A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por tranferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es. Dentro das actividades asociadas ao permiso recreativo inclúese: Boas prácticas do apañador de cogomelos (pdf). Ademais dentro do permiso Anual poderás obtar a outras ventaxes: Saídas de campo (desconto 10%), eventos e consulta micolóxica.